top of page

O pleno aproba a colocación do "canón de pau" en Cabo Udra

Dec 16, 2021
3 min read

O pleno de decembro aprobou a moción presentada polo grupo municipal do PP para a rehabilitación e colocación do coñecido como "canón de pau" en Cabo Udra que chegou a Bueu en 2015. A proposta saíu adiante co respaldo dos votos a favor do BNG, que pediu retirar o condicionante de que se fixera antes da primavera, pola necesidade de solicitar permisos. Pola súa parte, o grupo ACB votou en contra, mentres que o PSOE non estivo presente no pleno.


Un momento da celebración do pleno ordinario de decembro. Fonte: Xornal de Bueu.

A moción foi presentada pola voceira do PP, Elena Estévez, que lembrou a chegada do canón fai seis anos, cedido pola Asociación en Defensa do Patrimonio Histórico-Militar Abandonado. O obxectivo era rrestaurlao para o seu emprazamento en Cabo Udra, onde estivo situada a batería militar J-2, construída en 1936, ao comezo da Guerra Civil co obxectivo de protexer a entrada da ría de Pontevedra.


"En marzo de 2021 o Concello está disposto a unha actuación porque en seis anos non se fixeron as tarefas de mantemento", apuntou Estévez. A voceira expuso que desde ese momento "non houbo movementos e resulta preocupante, porque despempeñaría un papel fundamental para coeñcer o pasado de Bueu para veciños e visitantes". Por eses motivos, o PP instou ao goberno a revitalizar o canón e colocalo antes da primavera, tendo en conta que os terreos son propiedade da Comunidade de Montes de Beluso e que "o Concello debe asumir os custos da instalación".


Trala intervención de Estévez, foi a quenda do voceiro do grupo do BNG, Xosé Leal, que acercou unha reflexión sobre o patrimonio. " Foi unha parte da historia e do pasado da parroquia de Beluso", apuntou. Leal sinalou que antes da COVID houbo unha reunión no Concello na que se abordou a colocación do canón. "Estivemos valorando que tipo de vehículo faría falta para o traslado, pero non demos atinado e non houbo acordo, pero quedou na axenda do goberno", aclarou.


Tras isto, Leal anunciou o voto a favor do BNG. "A nosa idea é falalo coa Comunidade de Montes e valorar canto custaría a rehabilitación", anunciou. O voceiro tamén indicou que o plazo de marzo non era adecuado polos permisos necesarios para a cololcación do canón.


Pola súa parte, o grupo ACB votou en contra, tal e como expluso o seu voceiro, Julio Villanueva. "O franquismo foi quen puxo esa batería, estou en contra de que Bueu teña esa historia militar", explicou. Villanueva considera que a súa cololcación non é boa nin para para o turismo nin para o Concello.


A outra moción presentada tamén polo PP, instaba ao goberno local a actuar no aparcadoiro próximo ao lavadoiro do Valado e próximo ao campo de fútbol. "O lugar presenta fochancas e desniveis, faise esencial unha actuación por parte do Concellopara nivelar o chan cun matrial duradeiro", explicou a voceira popular. O PP solicitou tamén nesta moción un estudo para solventar os problemas de circulación no vial de acceso ao campo da Graña.


A postura dos demais partidos políticos foi contraria á moción. O portavoz do BNG matizou que os terreos do aparcadoiro foron cedidos polo Concello á Consellería de Educación á vez que adiantou que "revertir eses terreos sería unha cuestión a estudar". Sobre o tráfico que acumula o vial de acceso ao campo de fútbol municipal, relatou que "buscar unha solución está na axenda do goberno", informando á vez dun encontro entre o alcalde, o concelleiro de Deportes e a directiva do CD Bueu. Por eses motivos, o BNG votou en contra. Polos mesmos motivos, o voto de ACB tamén foi en contra e a moción non foi aprobada.


Os bono comercio foron os protagonistas dos rogos e preguntas. A voceira do PP preguntou polo número de establecementos, as solicitudes fóra de prazo ou o contacto cos comerciantes alleos a Fecimo. O alcalde defendeu a total transparencia do proceso. "É mentira que se sumasen establecementos o día 4 de decembro, o rexistro é anterior. Outra cousa é que se valide o rexistro o día 4", explicou Juncal. O rexedor tamén apuntou a que "non existe ningún problema porque as persoas se inscriban antes, xa que ata o día 3 o sistema non lles deixa facer operacións", concluíu.

Comments


bottom of page