A corporación municipal amosa as condolencias ás familias polo afundimento do "Villa de Pitanxo"
Actualizado: 11 mar 2022
A comarca do Morrazo vive un dos seus sucesos máis tráxicos, trala noticia do afundimento en Canadá do buque "Villa de Pitanxo", do grupo Nores con base en Marín. As últimas informacións apuntan a que hai tripulantes naturais da comarca, tanto de Marín, como Bueu, Cangas e Moaña.
Desde a corporación manifestan todo o seu apoio e condolencias ás familias dos vinte e catro tripulantes do "Villa de Pitanxo". O alcalde bueués, Félix Juncal, convocou este martes pola tarde unha reunión urxente cos voceiros e voceiras da corporación municipal para informar e valorar os pasos a seguir polo consistorio ante o tráxico suceso. Juncal lembra que "é prioritario que actuemos con cautela e con respecto cara ás familias dos mariñeiros que ían no barco".

A corporación adoptará unha decisión coordinada co resto de concellos da contorna e seguirá coa máxima atención as accións que adopten outras administracións como a Xunta ou o Goberno español.




Comentarios