top of page

Acerca de

encabezados tres.jpg

Como nace Xornal de Bueu?

O proxecto

Xornal de Bueu é un proxecto para un traballo de fin de grao de Xornalismo. Durante o confinamento de marzo de 2020 naceu a idea de crear un espazo informativo novo para a vila,  que tivese en conta os cambios e as novas dinámicas da sociedade. 

​

A nosa audiencia está composta por todos aqueles que seguen a miúdo a información local e o noso gran obxectivo é conectar coas novas xeracións, ofrecerlles un espazo no que se sintan escoitados. A estratexia en redes sociais é un dos nosos piares fundamentais. Con presenza en Instagram, Facebook e Twitter, Xornal de Bueu ofrecerá contidos adaptados a cada plataforma e ao seu tipo de público. 

 

O dinamismo será o que marque os nosos contidos. Non só publicaremos novas, as análises e reportaxes serán as absolutas protagonistas. Queremos que a información sexa interactiva e por iso empregaremos todas as ferramentas posibles. Mapas, gráficos, táboas, liñas do tempo... Unha forma de facervos partícipes! Comezamos!

​

bottom of page