A Deputación destina preto de 390.000 euros para actuacións en Bueu a través do Plan Concellos
A Xunta de Goberno da Deputación aprobou esta mañá oito achegas do Plan Concellos por 1,3 millóns de euros para financiar actuacións en equipamentos municipais e para a recuperación do espazo público que beneficiarán a sete municipios.. Entre eles atópase Bueu, que recibirá 388.482 euros para dúas actuacións.
No desglose da cantidade total, 229.139 euros estarán destinados ao financiamento da aportación municipal do Plan ReacPon, que servirá para a ampliación e reforma da Biblioteca Municipal Torrente Ballester, cuxo orzamento total ascende a 916.559 euros. A outra aportación aprobada esta mañá, de 159.342 euros, será para a adquisición dunha parcela para uso como estacionamento e servizo de caravanas e autocaravanas.

A presidenta da Deputación, Carmela Silva, destacou que estas achegas, correspondentes á Liña 1 de Investimentos, "van permitir que estes municipios poidan abordar a construción ou rehabilitación de equipamentos, así como cuestións que teñen que ver co espazo público".




Comentarios