top of page

A Xunta inicia a información pública do proxecto de construción dunha beirarrúa na Achadiza

9 mar 2022
1 min de lectura

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, vén de someter a información pública o proxecto de construción dunha beirarrúa na estrada autonómica PO-315, nun tramo de 600 metros entre A Achadiza e a Costa de Figueirón. O orzamento estimado é de 265.000 euros e prevé, ademais da construción da beirarrúa, actuacións complementarias como a renovación da capa de rodadura nas zonas deterioradas e a estabilización dun noiro de desmonte nunha curva que sofre desprendementos superficiais.



Visita esta mañá á zona. Imaxe: Xunta.

O proxecto inclúe a construción dunha beirarrúa de formigón cunha anchura mínima de dous metros pola marxe esquerda da estrada, nun tramo de 600 metros entre os puntos quilométricos 2+150 e 2+750.


Nesta liña, as obras tamén se aproveitarán para a estabilización do noiro de desmonte nunha curva de 80 metros de lonxitude, cunha inclinación de entre 60 e 0 grados e que sofre desprendementos superficiais. Acometerase unha escavación para reducir a pendente. Ademais, inclúe as correspondentes reservas de plataforma adaptada á parada de autobús.


O delegado territorial da Xunta, Luis López, anunciou este novo avance administrativo nunha visita esta mañá á zona, xunto ao alcalde da vila e outros representantes municipais e membros da Axencia Galega de Infraestruturas.


Esta actuación precisará da expropiación de terreos de case 1.000 metros cadrados cun custe estimado de algo máis de 16.000 euros. O período de consulta é de trinta día hábiles a partir de mañá, 10 de marzo.

 
 
 

Entradas recientes

Ver todo

Comentarios


bottom of page