Afamo organiza mañá un coloquio sobre soidade e illamento social despois da covid
A Asociación de Familiares de Personas con Alzheimer del Morrazo (Afamo) organiza este xoves unha conferencia sobre a soidade e o illamento social trala covid. A charla, que será impartida pola psicóloga Lina Fernández, abordará estratexias para enfrontarse a esta situación.
O acto terá comezo ás 17:o0 horas na Casa de Aldea de Meiro. Precisamente, Afamo estableceu recentemente unha nova sede neste espazo, cedido polo Concello de Bueu. Esta asociación é unha entidade de referencia polos seus programas específicos para persoas afectadas de Alzheimer e outras demencias neurodexenerativas. O seu traballo social tamén apoia ás familias e á comunidade en xeral.

A demanda dos últimos anos foi o motivo para o establecemento desta nova sede en Bueu, coa que ofrecen servizos como a unidade terapéutica de demencias, o programa de apoio psicolóxico á persoa coidadora, o acompañamento ás familias e un programa de formación especializada.
A asociación xa traballa na sede de Meiro, de luns a venres en horario de 10:00 a 13:00 horas. Agora súmase este coloquio, con aforo limitado e gratuíto.




Comentarios