top of page

Axenda| O Cineclub proxecta hoxe "O conto da princesa Kaguya"

29 abr 2022
1 min de lectura

O Cineclub Bueu retoma en abril a proxección de animación co filme "O conto da princesa Kaguya". Será esta noite, ás 21.00 horas, no Centro Social do Mar. As entradas custan dous euros para os socios anuais e catro para os socios de sesión. A película, que estivo nominada aos Óscar, está baseada nun conto popular xapónes.



Ciclo de cinema galego

No mes de maio, o Cineclub Bueu programa un ciclo de proxeccións de cinema galego. Comeza o venres 6 con "Negro Púrpura", de Sabela Iglesias e Adriana P. Villanueva. A vindeira semana, o venres 13 será a quenda de "Manoliño Nguema", de Antonio Grunfeld. O venres 20 proxéctase "A virxe roxa", de Marcos Nine. Finalmente, o ciclo remata o venres 27 co filme "Eles transportan a morte", de Helena Girón e Samuel M.Delgado.




 
 
 

Entradas recientes

Ver todo

Comentarios


bottom of page