Benvidos e benvidas a Xornal de Bueu
Actualizado: 27 dic 2021
Despois de moito traballo, Xornal de Bueu xa está aquí. Este proxecto forma parte dun traballo de fin de grao de Xornalismo. Durante o confinamento de marzo de 2020 naceu a idea de crear un espazo informativo que tivese en conta os cambios e as novas dinámicas da sociedade desta vila do Morrazo.

A nosa audiencia está composta por todos aqueles que seguen a miúdo a información local pero o noso gran obxectivo é conectar coas novas xeracións, ofrecerlles un espazo no que se sintan escoitados. A estratexia en redes sociais é un dos nosos piares fundamentais. Con presenza en Instagram, Facebook e Twitter, Xornal de Bueu ofrecerá contidos adaptados a cada plataforma e ao seu tipo de público.
O dinamismo será o que marque os nosos contidos. Non só publicaremos novas xa que as análises e reportaxes serán as absolutas protagonistas. Queremos que a información sexa interactiva e por iso empregaremos todas as ferramentas posibles. Mapas, gráficos, táboas, liñas do tempo... Unha forma de facervos partícipes. Comezamos!
Aquí vos deixamos o noso vídeo presentación!




Comentarios