top of page

Bueu celebra o Día da Poesía este sábado cun concerto de Alberto Cunha

22 mar 2022
1 min de lectura

Onte foi o Día da Poesía, unha data marcada no calendario literario. A combinación entre música, poesía e pintura é a fórmula escollida este ano polo Concello para honrar o día. O Centro Social do Mar acolle este sábado o concerto "Escolma Aberta" de Alberto Cunha. A actividade comeza ás 20.30 horas e a entrada é de balde ata completar o aforo.


Nun percorrido de 90 minutos, Alberto Cunha interpretará doce temas baseados en recoñecidos poemas galegos como "Campanas de Bastabales" de Rosalía de Castro, "Camiño longo" de Ramón Cabanillas, "Moraima" de Celso Emilio Ferreiro ou "Quen poidera namorala" de Álvaro Cunqueiro. Tamén versos de outros autores como Bernardino Graña ou Alfredo Conde.





Alberto Cunha será o encargado de darlle unha nova voz a poemas que xa foron interpretados por músicos como Suso Vaamonde, Amancio Prada ou Juan Pardo. "Escolma aberta", un proxecto da editorial Elvira, abrangue tres disciplinas artísticas xa que ten comezo cun limiar do poeta vigués Antonio García Teijeiro. A continuación, as ilustracións de Ramón Trigo acompañan reflexións de autores como Moncho Lemos, María Lado, Ledicia Costas ou Javier Ferreiro.

Comentarios


bottom of page