Bueu concéntrase en repulsa polo feminicidio de Jéssica Méndez
A praza do Concello acolleu este mediodía unha concentración en repulsa polo feminicidido de Jéssica Méndez, que sucedeu este luns en Barro. A veciñanza apoiou esta convocatoria na que a concelleira de Igualdade, Ana Isabel Otero, foi a encargada de ler o manifesto da Marcha Mundial das Mulleres.

"Temos a obriga de organizarnos fronte a quen quere destruírnos, construír discursos inclusivos en todos os ámbitos porque somos feministas o ano todo, porque sen organización e sen loita non hai dereitos para as mulleres", expresa o manifesto, que tamén esixe unha cobertura dos feminicidios con perspectiva de xénero. No acto tamén estiveron presentes representantes da corporación municipal e persoal municipal.




Comentarios