Bueu recupera este domingo o VI Memorial Pepe O ruso
O peirao de Bueu celebra este domingo ás 11:30 horas a sexta edición da regata de traiñeiras Memorial Pepe O Ruso. Trátase da primeira contrarreloxo do 2022 e nela participarán trinta traiñeiras nun percorrido de 5.500 metros ao longo da costa bueuesa. A regata, organizada polo Club do Mar Bueu e coa colaboración do Concello, foi presentada onte.

O ano pasado, a covid impediu a celebración da regata, que este ano volve co seu obxectivo de lembrar a José Novas Gutiérrez, máis coñecido como Pepe O Ruso e o seu traballo a prol deste deporte.




Comentarios