top of page

Falece Víctor Domínguez, presidente da Asociación Os Galos e defensor da cultura mariñeira

28 dic 2021
1 min de lectura

O Concello acaba de emitir un comunicado tras coñecerse o falecemento de Víctor Domínguez, presidente da Asociación de Embarcacións Tradicionais Os Galos. "En certa forma cambiounos a vida, pois el representaba parte da nosa cultura e historia recentes, e loitou por reivindicar sempre as tradicións mariñeiras e máis nosas", destaca no texto o alcalde da vila. Juncal remata dicindo que "hoxe o pobo de Bueu fica un poquiño máis orfo", frase que está sendo compartida por moitos veciños e veciñas.


Víctor Domínguez presidía desde hai anos a asociación Os Galos, onde loitaba por manter vivas as embarcacións tradicionais. Foi un fiel defensor da cultura mariñeira e do estaleiro de Purro, que consideraba berce da vila. Recentemente, participou no documental "O ronsel do mar".



Víctor Domínguez, nunha entrevista realizada para a Semana da Cultura Mariñeira. Fotografía: Carmen García.

Entradas recientes

Ver todo

Comentarios


bottom of page