O Cineclub proxecta hoxe "Maixabel"
O Centro Social do Mar acolle esta noite, ás 21.00 horas, a proxección do filme Maixabel, no marco das actividades programadas polo Cineclub Bueu. Trátase dunha proxección especial, como antesala aos Premios Goya que se celebran mañá, e nos que a película suma 14 nominacións.

Maixabel, dirixida por Icíar Bollaín, narra o encontro entre a viúva dun asasinado por ETA cun dos homes que rematou coa súa vida. A película está protagonizada polo galego Luis Tosar xunto a Blanca Portillo, ambos nominados a mellor actor e actriz respectivamente.




Comentarios