O Concello adquire sete novos desfibriladores para instalacións municipais
O Concello vén de adquirir sete novos desfibriladores para mellorar a seguridade en instalacións municipais como a Casa do Concello ou a Policía Local, e que se suman aos cinco dos que xa se dispón. O alcalde, Félix Juncal, e a concelleira de Promoción Económica e Turismo, Silvia Carballo, recibiron esta semana o subministro, que conta cun investimento de 9.000 euros de fondos propios.

Tal e como indica a concelleira Silvia Carballo, o primeiro paso foi a compra e agora os desfibriladores serán dados de alta no rexistro oficial. "Ademais, impartirase un curso de formación homologado a mediados de agosto", engade. O curso estará destinado a colectivos deportivos, persoal da Policía Local e outras persoas vinculadas coa seguridade municipal. O encargado de dar a formación será Emilio Aguete, técnico en emerxencias.



Comentarios