top of page

O Concello mellorará a accesibilidade na Banda do Río tralo informe da Asociación Juan XXIII

28 ene 2022
1 min de lectura

A mellora da accesibilidade da vila está máis cerca despois de coñecer os resultados do Informe de Accesibilidade Cognitiva realizado pola Asociación de Persoas con Discapacidade Juan XXIII sobre a zona da Banda do Río. A concelleira de Promoción Económica e Turismo, Silvia Carballo, mantivo unha xuntanza nos últimos días con representantes da asociación para coñecer os resultados do informe.

Reunión da edil Silvia Carballo con representantes da Asociación de Persoas con Discapacidade Juan XXIII. Imaxe: Concello de Bueu.

Entre as medidas recollidas no documento figuran a adaptación da cartelería cun tamaño de letra suficiente así como un bo contraste entre figura e fondo. Tamén consta o emprego de fácil lectura nas comunicacións e o uso de pictogramas identificativos en cada infraestrutura.


O informe da Asociación Juan XXIII destaca a importancia de converter os espazos en accesibles. "Segundo a Declaración dos Dereitos Humanos de 1948, toda persoa ten dereito a descansar e gozar do tempo libre, gozar da natureza, e como non, das praias con todas as garantías de participación”, apuntan.


Por ese motivo, o Concello considerou a Banda do Río un lugar idóneo para implementar o proxecto, ao confluír a praia, o parque, o paseo e o estaleiro. O obxectivo é, posteriormente, estender estas iniciativas a outros espazos e infraestruturas municipais. "Queremos construír un Bueu totalmente inclusivo e accesible para todas as persoas", reivindica a edil.


A concelleira móstrase moi ilusionada por este proxecto piloto, que tivo inicio no 2020. Contamos coas entidades que traballan a prol da inclusión social nos diversos eidos", explica. Por ese motivo, mantivo reunións coa Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI), a Asociación de Xordos de Galicia (XOGA) ou a ONCE.

 
 
 

Entradas recientes

Ver todo

Comentarios


bottom of page