top of page

O PP propón que a parcela anexa ao Concello albergue un recinto cuberto para eventos

17 ene 2022
2 min de lectura

Ante as últimas novas sobre a proposta do goberno local para o uso da parcela anexa ao Concello como parque infantil, o grupo municipal do Partido Popular móstrase contrario e suxire que o espazo se empregue para facer un recinto cuberto que permita "acoller a vida cultural de Bueu".



Parcela anexa ao Concello. Imaxe: XB.

A concelleira María Blanco propón que a parcela conte cunha cuberta, na liña da Casa do Concello e do Museo Massó, así como unhas gradas movibles para as necesidades de cada evento e que permitan deixar libre o espazo cando non se empregue. Na proposta, os populares apostan por un chan semellante ao da Praza Massó. "Crearíase un espazo enormemente versátil cun baixo mantemento e que resolve parte das necesidades da nosa vila no eido cultural", sinalou Blanco.


O grupo da oposición bueuesa explica que o espazo serviría para eventos do Museo Massó, do Concello, presentacións de libros ou concertos. "Deste xeito, aforraríanse tamén cartos que se gastan en alugar carpas", conclúe a edil.


Na comunicación, o Blanco urxe tamén a limpeza actual da parcela e a retirada de restos de obra, independentemente do seu destino final. "Xa houbo numerosas queixas de veciños no Pleno polo estado do predio e pola circulación de vehículos nunha zona peonil e cun parque infantil, o goberno non solventou a situación", indica.


O grupo local móstrase contrario á proposta para que o terreo albergue un parque infantil. "O fundamental é que se manteñan os parques que xa hai e que se doten de máis xogos, en vez de seguir facendo máis, olvidando o resto", explican. Ademais, consideran que hai unha "ausencia dun plan para Bueu por parte do executivo", ante as diferentes propostas para o uso do terreo. "É público e notorio que a improvisación está á orde do día dentro do bipartito", sinalan.

 
 
 

Entradas recientes

Ver todo

Comentarios


bottom of page