top of page

O programa "Fiando Redes" comeza este mércores en Bueu

14 feb 2022
1 min de lectura

A Deputación de Pontevedra pon en marcha esta semana o programa "Fiando Redes", no que a institución provincial traballa con colectivos da provincia co obxectivo de promover a igualdade entre homes e mulleres.


"Fiando Redes" comeza este mércores, na sala multiusos do Centro Social do Mar, da man da Asociación Mulleres Rurais Mar e Agro. Está programado un encontro, ás 17.30 horas, coa escritora María Lado.



Imaxe do proxecto "Fiando Redes", da Deputación de Pontevedra.

Con esta iniciativa, a Deputación promove a cultura con perspectiva de xénero, para inicia unha progresiva recuperación dos programas coa cidadanía, despois das restricións provocadas pola pandemia.

 
 
 

Entradas recientes

Ver todo

Comentarios


bottom of page