top of page

O proxecto "Commerce Inside" da Deputación chegará a Bueu

28 ene 2022
2 min de lectura

A Deputación mantivo onte unha reunión para a presentación de catro novos proxectos que contarán co financiamento dos fondos Next Generation e que terán como eixo o fortalecemento do comercio local e o impulso da sostibilidade turística. Bueu será un dos dez municipios nos que se desenvolverá o proxecto "Commerce Inside" , tal e como informa a Deputación despois da reunión con representantes dos concellos beneficiarios e o delegado do goberno, José Miñones.


O proxecto "Commerce Inside", cun orzamento de 1.097.350 € , reforzará a estratexia da Deputación para ampliar o impacto das zonas comerciais en 10 municipios turísticos da provincia, entre os que se atopa Bueu. O obxectivo é que os visitantes poidan coñecer os produtos locais mellorando a súa experiencia turística no destino Rías Baixas.


"Commerce Inside" persegue tamén transformar o comercio minorista nas zonas turísticas destes concellos, para dotalos de ferramentas necesarias da contorna estratéxica e afrontar os retos competitivos do futuro vinculados á actividade turística.

Un momento da reunión na Deputación para a presentación das iniciativas, coa presenza do delegado do goberno, José Miñones. Imaxe: Deputación.

A presidenta da Deputación, Carmela Silva, referiuse aos representantes dos Concellos como "exemplo de cogobernanza de todas as cores políticas” . Anunciou que a partir do vindeiro luns 31 de xaneiro comezarase a traballar con estes municipios para sacar a concurso de xeito inmediato todas as accións “que van permitir ese desenvolvemento sostible do turismo e esa modernización do comercio".


Tamén se entregará aos concellos un cronograma con todos os fondos que xa teñen convocatoria e os que a van ter de forma próxima. “Estamos seguras e seguros de que imos ter moitos máis fondos porque imos presentarnos a todas as convocatorias que nos permitan transformar a provincia”, concluíu Carmela Silva.


Pola súa parte, o delegado de Goberno, José Miñones, fixo unha defensa do protagonismo de concellos e deputacións como axentes canalizadores dos fondos do Plan de Recuperación. Con respecto ao comercio, indicou que estas accións, como o proxecto "Commerce Inside", permiten a pemes e autónomos afrontar a súa transformación.

 
 
 

Entradas recientes

Ver todo

Comentarios


bottom of page