top of page

Taxistas e goberno local abordan a situación da mobilidade na vila

18 ene 2022
1 min de lectura

O alcalde da vila, Félix Juncal, xunto ao concelleiro de Mobilidade, Xosé Leal, mantiveron unha reunión este luns coa agrupación de taxistas bueueses. O obxectivo da xuntanza foi abordar a problemática de circulación nos días de mercado ambulante así como tratar futuros proxectos para a mellora da mobilidade no municipio.



Un momento da xuntanza cos taxistas da vila. Imaxe: Concello de Bueu.

A reunión foi convocada polo alcalde para buscar solucións aos problemas de circulación que sofren os taxistas os luns e xoves, días mercado ambulante, polo corte de tráfico da rúa Montero Ríos durante toda a mañá. Esta medida está en vigor desde hai dous anos, motivada polas restricións da covid. A situación vese agravada no verán, cando a vila incrementa o seu número de visitantes e de tráfico.


O goberno local afirma que estudará alternativas xunto a Policía Local para poñer fin a esta problemática. "Contan co meu compromiso de que cara ao verán a situación ten que mellorar, aínda que iso supoña revisar a ocupación dos postos do mercado ambulante", apunta Juncal.


Novos proxectos

A reunión de onte tamén serviu de oportunidade para presentar aos taxistas algúns proxectos que se executarán proximamente. Tratouse a instalación da rede de semáforos entre as rúas Johan Carballeira e Pazos Fontenla, que ten como obxectivo regular o fluxo de tráfico. Tamén se abordou a creación de aparcadoiros disuasorios ou mesmo a posible regulación con límite de tempo dalgunhas áreas de estacionamento público da vila.


O alcalde valora moi positivamente o encontro de onte. "Ambas partes coincidimos en que Bueu creceu de forma moi exponencial en visitantes no verán e que iso nos esixe tomar decisións rápidas e adaptadas á realidade cambiante.

 
 
 

Entradas recientes

Ver todo

Comentarios


bottom of page