top of page

Os bombeiros dan por controlado o incendio que afectou a unha nave do polígono de Castiñeiras

10 may 2022
1 min de lectura

Un incendio afectou esta madrugada a unha nave do polígono industrial de Castiñeiras dedicada á produción de poliéster. Aínda que o interior da nave quedou calcinado, non houbo que lamentar feridos, tal e como indican os servizos de emerxencia. Fontes do dispositivo sinalan que o incendio xa está controlado.


O lume comezou de madrugada, e os servizos de emerxencia recibiron a primeira notificación ás 5:27 horas, aproximadamente. Pola súa proximidade, os Bombeiros do Morrazo foron os primeiros en comprobar que se trataba dun incendio xeralizado e facer medicións, posto que o poliéster é un material moi inflamable que pode acadar temperaturas moi altas.



No dispositivo de extinción participaron os bombeiros do Morrazo, do Salnés, Porriño, Pontevedra así como o Servizo Municipal de Protección Civil de Cangas, ademais da Guardia Civil e a Policía Local. A primeira fase consistiu en evitar a propagación das chamas ás naves lindeiras, mentres que a segunda tratou a extinción e o control do incendio, que xa a estas horas dáse por controlado.



Ante a situación, a Xunta activou o Plan Territorial de Emerxencias de Galicia (Platerga), co obxectivo de garantir a coordinación entre os dispositivos mobilizados. Unha vez finalizados os traballos de extinción, o plan quedou desactivado.

Entradas recientes

Ver todo

Comentarios


bottom of page