Un condutor resulta ileso tras unha colisión do seu vehículo cun cabalo na PO-551
A Axencia Galega de Emerxencias (AXEGA) informa dun accidente de tráfico esta mañá en Bueu, pouco antes das 7 horas da mañá. O sinistro produciuse na estrada PO-551, á altura de Trasouto, onde un vehículo chocou cun pequeno cabalo que resultou morto, mentres que o condutor do vehículo saíu ileso.
A Axencia Galega de Emerxencias indica que tamén resultou afectado outro turismo, pero que só presentou danos materiais. Igualmente, foi necesaria a intervención dos efectivos de limpeza e mantemento debido aos numerosos restos que quedaron na estrada a causa do impacto. Por ese motivo, os xestores do 112 Galicia tamén pediron a colaboración dos equipos da Axencia Galega de Infraestruturas.




Comentarios