Un terremoto de magnitude 4.7 sentiuse en Bueu
Actualizado: 12 may 2022
Un terremoto con epicentro no Atlántico, fronte á costa galega, sentiuse este xoves ás 15:44 en diferentes puntos da xeografía galega, entre eles Bueu. Moitos veciños notaron o sismo de magnitude 4.7 na escala de Richter e rapidamente comezaron a compartir as primeiras reaccións nas redes sociais.

O tremor tivo o seu epicentro a tres quilómetros de profundidade, tal e como informou o Instituto Geográfico Nacional. Na web desta entidade, os usuarios poden cubrir un formulario para acreditar os lugares nos que se deixou sentir o tremor.
O sismo das 15:44 foi precedido por outro anterior ás 14:57 horas de escala 3.7. Tamén houbo unha réplica de 2.5 ás 15:58 horas.




Comentarios