top of page

Un vehículo causa danos na mesa procesional do cruceiro da Roza

30 dic 2021
1 min de lectura

O choque dun automóbil ocasionou danos na parte baixa do coñecido como cruceiro na Roza, situado nas proximidades da igrexa de Beluso. O suceso ocorreu esta mañá, e segundo as primeiras testemuñas, unha furgoneta chocou coa parte baixa do cruceiro. Indican que o condutor puido perder a visibilidade a causa do sol.

Estado no que se atopa o cruceiro na Roza, precintado tralos danos na parte baixa. Imaxe: Xornal de Bueu.

O suceso provocou a crebadura da mesa procesional, situada na parte baixa do cruceiro. As mesas procesionais eran empregadas antigamente para apoiar os santos nas procesións ou os ataúdes nos enterros.


Segundo a documentación consultada, o "Cruceiro na Roza" presenta na súa cara principal o suplicio de Xesucristo e no reverso a dor da Virxe. O seu capitel contén motivos xónicos e na cara sur do pedestal está a inscrición de 1791. O cruceiro tamén se encarga de marcar o punto ata o que chegan as procesións da igrexa para dar a volta.


Danos ocasionados na mesa procesional do cruceiro. Imaxe: Xornal de Bueu.

Entradas recientes

Ver todo

Comentarios


bottom of page