A Anpa Alborada do Virxe Milagrosa organiza mañá unha charla sobre primeiros auxilios pediátricos
O Centro Social acolle mañá ás 17:30 horas unha charla sobre primeiros auxilios pediátricos. O coloquio está organizado pola Anpa Alborada do colexio Virxe Milagrosa e será impartido por Emilio Aguete, xefe do parque do servizo de prevención, extinción de incendios e salvamento do Concello de Maceda. Ademais, tamén é técnico de emerxencias sanitarias con experiencia no servizo de urxencias sanitarias (061 de Galicia).

Tal e como informa a Anpa, a charla está aberta a todo o público e tratará sobre a prevención de riscos, os procedementos a seguir ante unha emerxencia, os atragantamentos ou intoxicacións, entre outros temas. Será obrigatorio o uso de máscara e xel desinfectante.





Comentarios