top of page

Adicam recupera a marcha "Fina Acuña" con saída desde Bueu

A Asociación de Diagnosticad@s de Cancro de Mama e Xinecolóxico (Adicam) recupera este domingo a Marcha Solidaria "Fina Acuña", en homenaxe á fundadora da asociación así como á loita contra o cancro. Despois de dous anos en pausa pola pandemia, a cor rosa volverá encher ás rúas da comarca.


Baixo o lema "Este ano volvemos a camiñar xunt@s", a marcha solidaria terá saída ás 9.45 horas desde o Concello de Bueu e ás 10.00 horas desde o de Moaña. A andaina rematará en Cangas diante da sede de Adicam na Casa da Bola e onde confluirán as marchas saídas de Moaña e Bueu.


Como novidade, este ano é preciso inscribirse con anterioridade por mor da necesidade de contratar un seguro de accidentes. As persoas interesadas en participar poden facelo ata o mesmo domingo ás 9.00 horas, a través da web de Carreiras Galegas.


Iluminación polo Día Mundial da Loita Contra o Cancro de Mama

Así, onte celebrouse o Día Mundial da Loita Contra o Cancro de Mama e desde o Concello de Bueu quixeron unirse á data coa iluminación en cor rosa da fonte cibernética da Praza Massó.



No acto estiveron presentes membros de Adicam e da Xunta Local da AECC e integrantes da corporación local como o alcalde, Félix Juncal e as concelleiras Ana Isabel Otero, Silvia Carballo e Ricardo Verde. Tamén participaron os edís do PP María Blanco e Jesús Piedras.


0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo
bottom of page