A Mancomunidade inicia a substitución de contedores
Actualizado: 12 may 2022
A Mancomunidade de Concellos do Morrazo comezou a colocación de 250 contenedores adquiridos nun primeiro lote. O alcalde de Bueu e actual presidente da Mancomunidade, Félix Juncal, comprobou esta mañá como se está desenvolvendo a o cambio dos colectores de lixo na comarca.

Os contedores, que están sendo instalados coa colaboración da xerente da Mancomunidade así como a empresa encargada do servizo de recollida de lixo, son de carga traseira e teñen unha capacidade de 800 litros. A Mancomunidade informa de que proximamente chegará un novo lote de 130 colectores de carga lateral para as zonas que o precisen. "Agardamos ir cubrindo todas as áreas nas que os contedores se atopan en mal estado, tanto con este subministro como con outros posteriores que iremos programando", sinala Juncal.





Comentarios