top of page

A veda do polbo comeza o 20 de maio e remata o 4 de xullo

12 may 2022
1 min de lectura

A veda do polbo en Galicia queda establecida do 20 de maio ao 4 de xullo do 2022, durante un mes e medio, tal e como está especificado na resolución que publica hoxe o Diario Oficial de Galicia. Esta información afecta directamente ao sector mariñeiro da vila, cun gran número de embarcacións que se dedican á captura deste cefalópodo, do que en 2021 se poxaron máis de 115 toneladas na lonxa da vila.


O período de prohibición da captura vai desde as 16.00 horas do venres 20 de maio ata ás 05.000 horas do martes 4 de xullo. A Consellería de Mar sinala que as capturas desembarcadas o 20 de maio poderán ser comercializadas tamén o 21 de maio naquelas lonxas nas que tradicionalmente se viñesen realizando vendas de polbo os sábados. Agora, o período de venda dun mes e medio, establecido pola Consellería de Mar e consensuado co sector, pretende axustar a xestión pesqueira ao ciclo de vida do cefalópodo á vez que protexe a súa reprodución e contribúe a unha explotación mías sustentable.



Deste xeito, do 20 de maio ao 4 de xullo queda expresamente prohibida a captura desta especie, por medio de calquera arte, en augas nas que Galicia ten competencias en marisqueo. Polo tanto, as embarcacións dedicadas á captura deste cefalópodo con nasas deberán retiralas do seu calamento e levalas a porto. O tempo de veda é tamén aplicable á pesca marítima de recreo e ás capturas con calquera outra arte distinta da nasa para polbo.


Comentarios


bottom of page