top of page

A Festa do Polbo xa ten data e o Concello fai un chamamento á hostalaría

4 may 2022
1 min de lectura

Este verán estará marcado pola recuperación de eventos que a pandemia impediu celebrar nos últimos dous anos. Trala confirmación de citas como o SonRías Baixas ou a concentración de motos, o Concello pon agora data para a XXI Festa do Polbo. A festa gastronómica celebrarase os días 13, 14 e 15 de agosto. Así se acordou na reunión celebrada onte entre a concelleira de Promoción Económica e Turismo, Silvia Carballo, xunto a diversos hostaleiros e hostaleiras da vila.


Reunión este luns con hostaleiros da vila. Imaxe: Concello.

Tralo encontro, o Concello abre o prazo de inscrición ata o vindeiro 15 de maio e fai un chamamento aos locais interesados en participar na festa. Poden inscribirse de forma presencial no 2º andar da Casa Consistorial ou a través do enderezo electrónico concello@concellodebueu.gal. Unha vez remate o prazo, a Concellaría de Promoción Económica e Turismo seguirá traballando na organización do evento.


Cunha vintena de anos de historia, trátase dunha das festas gastronómicas máis destacadas da zona, que naceu para poñer en valor o Polbo das Rías. Xa é tradicional a degustación, por parte dos asistentes, de diferentes especialidades elaboradas co cefalópodo, como croquetas, polbo á feira, empanadas de trigo e millo ou mesmo pizzas.

Comentarios


bottom of page