O Concello convoca unha reunión coa hostalería para organizar a XXI Festa do Polbo
Despois de dous anos en obrigada pausa pola pandemia, o Concello convoca o vindeiro luns unha reunión coa hostalaría da vila para organizar a XXI Festa do Polbo, que se celebrará a mediados de agosto. A xuntanza será ás 12.00 horas na Sala de Xuntas (2º andar) do Concello e a edila de Promoción Económica e Turismo, Silvia Carballo, anima aos hostaleiros e hostaleiras da vila que desexen participar a sumarse a este encontro.

A recuperación das festas gastronómicas iniciouse este mes de abril coa celebración do Encontro do Millo Corvo de Meiro. Agora, na reunión do próximo luns comezarase a analizar a organización doutra das citas gastronómicas máis esperadas e que pon en valor o Polbo das Rías.
A festa do polbo ten a súa orixe na posta en valor do cefalópodo e cada ano ofrece unha programación diversa para degustar diferentes especialidades gastronómicas, á vez que promove actividades culturais. Precisamente, a edición do ano pasado tivo que ser substituída por unhas xornadas sobre o polbo, con roteiros e coloquios.





Comentarios