top of page

Abre o prazo para solicitar permiso para as fogueiras de San Xoán e San Pedro

31 may 2022
1 min de lectura

Tras dous anos con diferentes medidas restritivas a causa da pandemia, a volta á normalidade tamén se fará notar nas celebracións da noite de San Xoán. A veciñanza interesada en realizar cacharelas nestas noites máxicas, tanto en terreo público como privado, deberá contar cunha autorización. O Concello vén de abrir o prazo para solicitar os permisos tanto para realizar fogueiras nas noites de San Xoán (24 de xuño) como para San Pedro (29 de xuño).


Tal e como indica o bando da Alcaldía publicado na web municipal, as persoas ou colectivos interesados deberán entregar no Rexistro Xeral a solicitude dispoñible na web municipal antes do 14 de xuño. En todo caso, as cacharelas teñen que adaptarse ás características establecidas no bando da Alcaldía, polo que deben realizarse en lugares despexados mantendo unha seguridade como mínimo de 25 metros das edificacións, liñas aéreas de servizos, mobiliario urbano e vehículos. Tampouco poderán superar en ningún caso os 3 metros de altura.


Na mesma liña, só será susceptibles de autorización as solicitudes sobre terreos ou espazos públicos onde non resulten expresamente prohibidas polas ordenanzas municipais, ou ben en terreos privados. O bando, dispoñible na web do Concello, tamén recolle condicións sobre a extinción das cacharelas, a limpeza posterior dos espazos ou a disposición de medios como mangueiras ou caldeiros de auga.

Entradas recientes

Ver todo

Comentarios


bottom of page