Bueu estrea dous campos de petanca
O Concello vén de informar do acondicionamento de dous campos de petanca na zona da Estacada, "cumprindo unha demanda veciñal" e que poderán ser empregados pola cidadanía. Precisamente, o alcalde, Félix Juncal visitou onte a zona xunto a unha quincena de mulleres e homes que cada semana practican este deporte.
O acondicionamento da zona realizouse nas últimas semanas, co obxectivo de sumar novos espazos para xogos tradicionais e populares. "Sitúanse nunha localización na que o Concello creou e seguirá creando espazos para a xente", sinalan desde o goberno, aludindo ás inmediacións da zona con equipamentos públicos como a piscina municipal, o parque infantil ou o skatepark.

Unha das usuarias das pistas de petanca, Ascensión Riobó, destaca que "é un luxo contar con estes campos que lle solicitamos ao alcalde logo de ver outros semellantes en municipios da provincia e que el atendeu con xenerosidade". Riobó anima a toda a cidadanía que queira coñecer a petanca a achegarse os luns entre as 16.30 e as 19.30 horas. O grupo adestra de setembro xuño, aínda que agora non desbotan incrementar periodicidade e incluso competir, ao contar con instalacións novas.





Comentarios