top of page

Bueu substitúe a cabalgata por unha recepción aos Reis Magos

4 ene 2022
1 min de lectura

A situación actual da vila, marcada pola sexta vaga da covid, levou ao Concello de Bueu a suspender a tradicional cabalgata de Reis. Porén, os nenos e nenas seguirán tendo mañá a oportunidade de coñecer a Gaspar, Baltasar e Melchor ao seu paso pola vila. O Concello organiza un recibimento na carpa situada nas Lagoas, que estará preparada para a ocasión.


Haberá dúas oportunidades para poder saudar aos Reis Magos. Pola mañá o horario é de 11:00 a 13:30 horas e pola tarde de 16:00 a 20:00 horas. O uso da máscara será obrigatorio. Desde o Concello lembran que, a causa da normativa covid, as persoas de máis de doce anos deberán presentar o certificado de vacinación ou unha proba PCR negativa nas últimas 72 horas para poder acceder ao recinto.


Precisamente, a Xunta publicou no DOG do 29 de decembro, a recomendación de celebrar cabalgatas de maneira estática, onde se poidan controlar os aforos.

Entradas recientes

Ver todo

Comentarios


bottom of page