Cáritas organiza un novo mercado solidario de verán
"Ayúdanos a ayudar". Ese é o lema baixo o que Cáritas Bueu organiza un novo mercado solidario de verán, que terá lugar do 11 ao 18 de agosto nun baixo comercial localizado no número 40 da rúa Pazos Fontenla.
O horario é de 10.00 a 13.30 e de 17.00 a 20.30 horas e as persoas que se acheguen poderán facerse con produtos de electrónica, roupa, xoguetes ou libros que foron doados por particulares e institucións públicas e privadas. Así o destacou Pepe Pais, director de Cáritas Bueu, durante a presentación do evento, na que tamén estiveron o alcalde, Félix Juncal e o párroco da vila, José López.

O mercado solidario de Cáritas leva organizándose durante máis de dez anos co obxectivo de obter máis fondos para a atención prestada ás familias durante todo o ano. Tamén persegue ofrecer unha oportunidade para que bueueses e visitantes se sintan colaboradores desta acción social, posible grazas á doazón de produtos de forma solidaria por parte do comercio local e as persoas voluntarias.




Comentarios