O Cineclub proxecta hoxe "Entrelobos" con motivo do Día do Medio Ambiente
O Cineclub Bueu organiza este mes dúas proxeccións arredor do Día Mundial do Medio Ambiente, que se celebrou o pasado xoves. Por ese motivo, a temática dos filmes elixidos xira arredor da protección da natureza.
Esta noite, ás 21.00 horas, o Centro Social alberga a proxección de "Entrelobos", que narra a historia de Marcos Rodríguez Pantoja, coñecido como "o neno lobo de Sierra Morena" xa que durante máis dunha década se criou xunto estes animais. Ademais de coñecer a súa historia, as persoas asistentes poderán participar nun debate co protagonista da historia na que se inspirou o filme, xa que o propio Rodríguez estará presente na proxección.

As proxeccións continuarán o vindeiro 24 de xuño, tamén no Centro Social, esta vez da man do filme "A muller da montaña", dirixida por Benedikt Erlingsson e que xira arredor da protección do medio ambiente en Islandia ante a industria do aluminio.





Comentarios