top of page

O Concello acomete a mellora integral do parque do Río, no Burgo

13 oct 2022
1 min de lectura

O Concello vén de iniciar a actuación de mellora do parque de Robeira, no lugar do Burgo, no marco do plan de mellora dos espazos públicos. Despois dos arranxos xa realizados no parque da Barraca, o alcalde e edil de Obras e Servizos, Félix Juncal, visitou esta mañá o lugar do Río para ver ambas obras.


No parque de Robeira estase substituíndo a capa de terra vexetal por unha de xabre. "O Concello quere que os espazos públicos de áreas rurais estean o máis naturalizados posibles, pero esta substitución pretende paliar as eivas no estado de conservación", explica Juncal. Así, tamén se leva a cabo a reparación dos asentos dos bambáns. "Foran substraídos, unha vez máis, por algunha persoa que non respecta os elementos públicos", asegura o rexedor.


Visita á actuación de mellora do parque de Reboira, no Burgo. Imaxe: Concello.

Esta actuación tamén inclúe unha limpeza con auga a presión na zona dos asadores e mesas así como a poda de árbores. Así, vaise intentar recuperar a auga da fonte, na mesma liña doutras actuacións do goberno local para recobrar os recursos hídricos da vila.

Entradas recientes

Ver todo

Comentarios


bottom of page