O Concello acondiciona o parque da Nogueira e inicia o plan de mellora da sinalización
O Concello continúa co plan de acondicionamento e limpeza dos espazos públicos nesta primavera. O alcalde e encargado da área de Obras e Servizos, Félix Juncal, visitou este martes o lugar de Sabarigo, onde se limpiou e acondicionou o parque da Nogueira, así como o lavadoiro e a fonte da Fanequeira.

Á hora de levar a cabo estes traballos, o Concello contratou os servizos da Fundación para a Discapacidade e Emprego Juan XXIII, co obxectivo de adecentar varios lugares das parroquias, como se realizou en anos anteriores. Nesta liña, as brigadas continúan traballando esta semana na zona de Portomaior, tanto nos accesos ao areal como na súa contorna. A continuación trasladaránse a zonas como Cividade, Soutelo, A Graña, Valado, Ramorta, Meáns ou Loureiro.
Por parte da brigada de obras e servizos municipal, realizouse a limpeza do camiño da Carrasqueira e proseguirá coa senda do río Bispo desde a zona do Valado ata o casco urbano, completándose posteriormente o tramo superior cara á Portela.
Mellora da sinalización
O rexedor, Félix Juncal, destaca que nestes días tamén se iniciou o plan de mellora da sinalización horizontal e vertical en diversas zonas do casco urbano e das parroquias. O plan inclúe a colocación de sinais, o pintado de vados e prazas de estacionamento para persoas con discapacidade así como diversos servizos.

"Para o Concello é importante facilitar o acceso aos núcleos de poboación por parte da cidadanía, tanto do casco urbano como do resto de lugares", apunta Juncal, que salienta a actuación realizada no Ramal dos Galos.





Comentarios