top of page

O Entroido de Verán regresa a Bueu con tres DJs na Banda do Río

18 ago 2022
1 min de lectura

O 2019 foi o último ano no que Bueu celebrou unha das festas máis especiais do municipio, o Entroido de Verán. A chegada da pandemia impediu a súa organización ata este verán, no que a festa volve á normalidade e agarda a participación de miles de persoas. Este ano, a cita está organizada por Cristian Domínguez, DJ bueués e máis coñecido como DanteGTX na súa canle de Youtube, onde conta con máis de 800.000 seguidores.


Esta nova edición do Entroido de Verán terá lugar o próximo sábado 20 na Banda do Río e o programa, financiado pola Xunta de Galicia, foi presentado esta mañá polo DJ bueués e membros da hostalaría da zona. A actividade contará con tres DJs: Michi, Álex e Newk. O primeiro comezará ás 22.00 horas e rematará pasada a medianoite. Ás 00.30 horas será a quenda de Álex, que ás dúas da mañá dará paso ao último dos participantes.


O DJ bueués Cristian Domínguez, no centro da imaxe, xunto a representantes da hostalaría da Banda do Río.


O organizador do evento, Cristian Domínguez, destacou esta mañá a "importancia de apostar de cheo por propostas que dinamicen o verán bueués". O DJ tamén puxo o foco na necesidade de colaboración das persoas participantes, "para compatibilizar as realización da actividade co respecto á veciñanza".



Pola súa banda, os representantes da hostalaría agradeceron a Cristian Domínguez e á Xunta a súa aposta pola zona e avanzaron que haberá diferentes iniciativas nos bares para dotar de actividades á Banda do Río durante todo o día.

Comentarios


bottom of page