top of page

O PP denuncia "falta de limpeza" nos baños dos areais

8 jul 2022
1 min de lectura

O grupo municipal do PP vén de analizar o comezo da tempada estival na vila. "As primeiras imaxes que chegan dos nosos areais son totalmente lamentables", indicou a voceira popular, Elena Estévez. A falta da limpeza nos baños das praias é o punto principal que denuncian desde o PP bueués, que á vez instan ao goberno local a "tomar medidas con urxencia".

Imaxe dun dos baños de Lapamán remitida o mércores. Fonte: PP.

Elena Estévez apunta á falta de planificación e defende que se garantan unhas "condicións de salubridade mínima dos baños das praias desde mediados de xuño ata finais de setembro". "Carece de sentido que un servizo que se presta todos os veráns non se planifique co suficiente tempo," sinala á vez que indica que "non e necesario ter a bandeira izada para se estea prestando xa un servizo mínimo". A voceira pon o foco no número de persoas que fan uso diario dos baños e dos vestiarios así como ao contexto da covid. "O que debe facer o executivo de Juncal é reforzar o servizo e non renunciar a ter os espazos nunhas condicións mínimas", subliña.


Deste xeito, a voceira popular insta ao goberno local a tomar medidas con urxencia. "Non ten sentido que saiban que non van contratar persoal suficiente para a limpeza dos aseos e non fagan nada, en vez de contratar a algunha empresa da zona", expón Estévez. Tamén reclama a limpeza dos arredores da praia da Roiba.


Comentarios


bottom of page