top of page

O PP valora como "unha pésima noticia" o derribo da casa de Matilde Bares

5 sept 2022
2 min de lectura

A nova xerada arredor do próximo derribo da casa de Matilde Bares, despois de que a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural descartase protexela, entra no foco da actualidade do PP bueués. A súa voceira, Elena Estévez, cualifica este feito como "unha pésima noticia" para a vila e lamenta "a perda de patrimonio material e inmaterial que vai supoñer".


A voceira popular cuestiona "a falta de interese do grupo de goberno nos últimos 15 anos" e recorda que Bares é a única muller de Bueu cunha rúa. "As administracións públicas deben ser as principais interesadas en protexer o legado daquelas persoas significativas para a sociedade, como Matilde Bares", explica Estévez. Tamén asegura que o "executivo bueués non moveu un só dedo" ata a recollida veciñal de firmas e a presentación dunha moción do grupo socialista no 2020, "unha petición conxunta de PP e PSOE".


Estado actual da casa de Matilde Bares.

Estévez recorda que a creación do "Certame de relatos de muller Matilde Bares" tivo lugar no 2005, durante o mandato popular. "Foi o executivo local de Félix Juncal quen decidiu cancelar o premio entre o 2011 e o 2017, nunha clara falta de respecto á homenaxeada, que culmina co derribo dunha vivenda que podería ter sido adquirida", destaca. Para Estévez este feito tradúcese nunha "falta de interese" e critica "a hipocrisía e o cinismo" dos nacionalistas por "vender unha reivindicación das mulleres e unha defensa da igualdade coa que eles non predican".


Alternativa para unha Casa da Mocidade

A voceira expresouse tamén sobre "un déficit claro de espazos para a sociedade" na vila e cuestiona que non exista "unha Casa da Mocidade que ofreza alternativas de ocio". Este espazo tería, para o PP bueués, unha localización "ideal" na casa de Matilde Bares. "Igual que Juncal decide gastar máis de 400.000 euros da Deputación no Estaleiro de Purro, pode e debe investir fondos para crear a Casa da Mocidade", conclúe.

Entradas recientes

Ver todo

Comentarios


bottom of page