O programa "Coidados porta a porta" chega á vila en xuño
A campaña "Coidados porta a porta", que puxo en marcha a Consellería de Política Social da Xunta, fará parada en Bueu do 27 ao 30 de xuño. A unidade móbil instalarase no aparcadoiro de As Lagoas en horario de 9.00 a 20.00 horas. "Coidados porta a porta" ofrece servizos de estimulación de memoria, podoloxía e audioloxía ás persoas de máis de 55 anos.

As consultas serán gratuítas e xa se pode solicitar cita previa a través dos teléfonos 622748283 ou 623546992 ou no enderezo electrónico coidadosportaaporta.politicasocial@xunta.gal.

O servizo de podoloxía consiste nunha consulta básica, na que se fará unha valoración do estado xeral do pé, un corte e limpeza de unllas, así como unha eliminación de durezas e callos. No servizo de audioloxía realizarase unha valoración e exploración funcional da audición e prevención da perda auditiva. Sobre a estimulación da memoria, un profesional fará unha valoración cognitiva e proporcionará pautas desde unha perspectiva terapéutica para prever e reducir un posible deterioro.





Comentarios