top of page

Recibimento aos nenos e nenas saharauís do programa "Vacacións en paz"

2 ago 2022
1 min de lectura

O Concello recibiu onte aos nenos e nenas saharauís que pasan o verán na comarca do Morrazo da man do programa "Vacacións en paz", organizado pola asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí e que non se levaba a cabo desde o 2019, por mor da pandemia.



Ademais dos nenos e nenas, tamén estiveron presentes as familias de acollida, que intercambiaron experiencias co alcalde da vila, Félix Juncal, o concelleiro de Deportes, Ricardo Verde, e as edís do PP, Elena Estévez e María Carmen Núñez.



O alcalde, pola súa parte, destacou o inmenso labor social das familias de acollida, que permiten que os rapaces e rapazas teñan unha experiencia frutífera. Tamén se lle fixo entrega dunhas mochilas para o curso escolar e camisetas e bandeiras da vila.


"Vacacións en paz" ten como obxectivo que os nenos e nenas pasen un verán en paz, un momento que coincide coas olas de calor estremas nos campamentos e o cambio de posición do goberno de España ante as pretensións de Marrocos sobre o Sáhara Occidental.

Entradas recientes

Ver todo

Comentarios


bottom of page