Roteiros para coñecer os montes veciñais de Beluso
A Comunidade de Montes de Beluso retoma este mes de abril os roteiros polos montes veciñais da parroquia, con dúas andainas os sábados 9 e 23 deste mes. A actividade está dirixida aos comuneiros e comuneiras así como á veciñanza da parroquia, co obxectivo de que coñezan a localización dos seus montes e os traballos que se realizan neles.
As dúas andainas teñen unha dificultada media-baixa e terán saída, sempre que as condicións meteorolóxicas o permitan, ás 17:00 horas do aparcadoiro de Chan de Esqueiros, na entrada a Cabo Udra.

O primeiro roteiro deste sábado percorrerá desde Mourisca os montes de Pedrón, O Poleiro, Udra e a Cabreira. A segunda xornada, do 23 de abril, visitará desde Ancoradouro os montes do Puxo, A Escadiña e o Monte Redondo. Para asistir non se precisa inscrición previa.





Comentarios