Verbena e degustación de sidra nas Festas de Santa Ifigenia
Bueu comezou onte tres días de celebracións na honra de Santa Ifigenia, despois de dous anos condicionados pola pandemia. O bo ambiente invadiu xa onte a Banda do Río, cun público entregado na verbena amenizada polas orquestras Marbella e América de Vigo. Os festexos continuaron esta mañá coa degustación de sidra gratuíta na Banda do Río acompañada da música da charanga Fanfarria Furruxa.
Degustación de sidra na Banda do Río amenizada pola charanga.
Esta noite serán as orquestras La Ola ADN e La Oca Band as encargadas de animar ao público asistente á verbena. Ademais, tamén están instaladas diversas atraccións na zona.
Xa o domingo, comezarán os actos relixiosos no adro da capela do pazo de Santa Cruz, cunha primeira misa ás 10.30 horas. A partir das 11.00 horas abrirán os postos de venda para a degustación de sidra artesanal. O segundo acto relixioso terá lugar ás 13.00 horas, coa misa solemne e a procesión.
O peche ás celebracións será cun concerto ás 18.00 horas da Banda de Música Artística de Bueu e coa verbena nocturna da orquestra París de Noia.





Comentarios