top of page

Abre o prazo de inscrición para o VI Cross de Cabo Udra

13 abr 2022
1 min de lectura

A proba terá lugar o domingo 26 de xuño


Unha das probas deportivas máis agardadas do ano vén de abrir o seu prazo de inscrición, a través da web Champion Chip Norte. O Cross Popular Cabo Udra, organizado por Asbel (Asociación por Beluso), terá lugar o 26 de xuño no entorno de Udra, en plena natureza.


O VI Cross Popular Cabo Udra acolle unha carreira absoluta, de dez quilómetros e unha popular, de 4,2 quilómetros. Tamén haberá unha andaina de dez quilómetros e carreiras con distancias inferiores para categorías como alevín (900 metros), benxamín (450 metros), minibenxamíns (250 metros) ou pitufos de 5, 4 e 3 anos (200, 150 e 100 metros respectivamente).



Imaxe promocional do Cross Cabo Udra.

O número de prazas varía en función da modalidade e para a carreira absoluta se sitúan en 300 vacantes, mentres que a popular será para cen corredores. A andaina ten un límite de 200 participantes e as modalidades escolares limítanse a 40 participantes por categoría (40 masculino e 40 feminino). A data límite de inscrición é o mércores 22 de xuño.


O percorrido da carreira, en plena natureza, é un dos máximos atractivos deste evento, que se recuperou no 2016. É unha data marcada no calendario para os amantes do deporte, xunto, por exemplo, a Volta á Illa de Ons, que se disputa a vindeira fin de semana, ou ao recente Trail do Nocedo.



Comentarios


bottom of page