Augas de Galicia remata a limpeza de dous tramos fluviais
Augas de Galicia finalizou nestes días os traballos de conservación e limpeza de dous tramos fluviais da vila. O primeiro deles, de 1,3 quilómetros, vai de Trasouto ata O Valado, mentres que o segundo se sitúa no lugar da Portela. Estas intervencións enmárcanse dentro das tarefas de mantemento de áreas con risco potencial significativo de inundacións.
Os traballos, que comezaron a mediados do mes de febreiro, incluíron a retirada de árbores e pólas caídas na canle para evitar atascos. Unha vez rematadas estas tarefas, o río quedou despexado de maleza, favorecendo así a circulación fluída das súas augas.

As intervencións tiveron lugar nun treito do rego do Frade de algo máis de 1.3 quilómetros de lonxitude, entre Trasouto e O Valado. Tamén noutro treito de máis de 1.5 quilómetros no lugar da Portela.
Desde Augas de Galicia sinalan que estas intervencións contribúen á mellora dos leitos fluviais para acadar condicións naturais do ecosistema que favorezan os aspectos medioambientais e de uso social na contorna dos ríos.




Comentarios