top of page

Buscan a un veciño de Beluso na zona de Cabo Udra tras aparecer unha embarcación envorcada

2 sept 2022
1 min de lectura

Esta mañá, a patrulleira do Servizo Marítimo da Garda Civil atopou unha pequena embarcación envorcada entre a ría de Aldán e a entrada á ría de Pontevedra, nunha zona próxima a Punta Couso. A presenza de material de pesca abriu a posibilidade de que houbese alguén a bordo, polo que se despregou un operativo de busca pasadas as doce da mañá nas zonas de proximidade, que inclúen Cabo Udra. Os medios de busca confirmaron que o tripulante da embarcación, ao que se continúa buscando, é un veciño da parroquia de Beluso, de 83 anos de idade.

A embarcación atopada á deriva. Imaxe: Garda Civil.

Na embarcación, que estaba semisomerxida, apareceron unha bolsa cun traxe de augas, unha mazá frotando e aparellos de pesca na auga, o que abriu a posibilidade de que houbera un tripulante, como posteriormente se indicou.




Desde Salvamento Marítimo e o Servizo de Gardacostas de Galicia mobilizaron medios de rescate, entre eles o helicóptero Pesca 1 e o Helimer 211, a auxiliar "María Pita" e medios por terra como axentes da Garda Civil, da Policía Local de Bueu e de Cangas e Protección Civil de Cangas.

Entradas recientes

Ver todo

Comentarios


bottom of page