top of page

Como evolucionou a covid nos últimos días?

12 ene 2022
2 min de lectura

Bueu rexistra un total de 264 casos activos, segundo a última comunicación por parte da EOXI da Área Sanitaria de Pontevedra. Estes datos, correspondentes ao 11 de xaneiro, supoñen un incremento de 23 casos con respecto ao día anterior, unha das maiores subas ao longo da sexta onda.


No seguinte gráfico pódese observar a evolución dos casos activos nos últimos días:




Porén, os indicadores do mapa do Sergas amosan unha situación diferente, cunha baixada dos casos diagnosticados tanto a sete como a catorce días. Cómpre remarcar que os indicadores non miden o mesmo. A EOXI comunica o número de casos activos que existen no municipio, mentres que o Sergas rexistra o número de novos casos diagnosticados a sete e catorce días.



No referente á ocupación hospitalaria, a área sanitaria de Pontevedra, á que pertence a vila, conta con 7 persoas en coidados intensivos e 51 hospitalizados no Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra.


Bueu acada o 95% da poboación vacinada con alomenos unha dose

Segundo os últimos datos do Sergas, actualizados hoxe, Bueu segue a liderar a porcentaxe de poboación diana que recibiu a vacina contra a covid. Un 93,89% dos bueueses contan coa pauta completa, mentres que un 95% recibiu polo menos unha dose.



Con respecto á pauta completa, os demais municipios da comarca tamén teñen datos lixeiramente inferiores. En Marín, un 92,02% recibiu as dúas doses, un 91,82% en Moaña e un 91,43% en Cangas.


Evolución da sexta onda

Neste gráfico rexístrase o número de casos activos desde o inicio da sexta vaga da covid en Bueu, que tamén foi analizada nunha entrada anterior nesta páxina.




Puntos de cribado

A Xunta habilitou esta semana 32 puntos para a realización de probas diagnóstico de maneira gratuíta. No Morrazo existen dous: no museo Manuel Torres de Marín e na antiga Casa do Mar de Cangas.

Comentarios


bottom of page