Conta atrás para a alfombra mundial do Xacobeo
Máis de 30 países e 310 pobos participarán esta fin de semana no maior proxecto mundial do alfombrismo. Será a confección da Alfombra Mundial do Xacobeo 2022 e ca que Bueu tamén formará parte. Será da man do Colectivo Independiente Alfombrista de Bueu, socios fundadores da Comisión Xestora de Alfombristas do Camiño de Santiago e que xa ultiman detalles para a elaboración do tapiz.
A Igrexa de San Martiño é o lugar elixido para lucir o tapiz, que comezará a elaborarse o sábado pola tarde e xa se poderá contemplar o domingo e o luns.
Nesta ocasión, o deseño común foi elaborado por Antonio Cunha e representará un peregrino guiado pola Cruz de Santiago, establecendo unha metáfora cun faro. Así mesmo, o estilo é unha alegoría ás vidreiras, con cores que reproducen o sol poñente. Destaca a inclusión do nome da vila así como o número de quilómetros ata Santiago de Compostela, neste caso 85.

Este proxecto, que comezou a levarse a cabo fai catro anos e a Comisión Xestora, que conta con alfombrista de Bueu, decidiu incluír a arte efémera nas celebracións do Xacobeo.





Comentarios