top of page

Coñecer a identidade da vila a través dos seus símbolos

26 ene 2022
1 min de lectura

As portas do Concello abríronse esta mañá para quince alumnos e alumnas de catro anos do CEIP Plurilingüe A Pedra. Alí foron recibidos pola edil de Promoción Económica e Turismo, Silvia Carballo, que foi a encargada de dar resposta a todas as dúbidas da cativada.


A concelleira Silvia Carballo mostra a bandeira de Bueu diante dos alumnos e alumnas. Imaxe: Concello de Bueu.

A visita tivo como principal obxectivo coñecer o escudo e a bandeira da vila. Ambos símbolos teñen como eixe o mar e foron aprobados no 2013. No caso da bandeira, tres franxas brancas sobre un fondo azul encárganse de simular as ondas do mar. O escudo, pola súa parte, contén unha embarcación como elemento principal. Carballo definiunos como "sinais para que se nos recoñeza en todos os lugares".



Escudo da vila de Bueu.

Tal e como explican desde o Concello, a visita desta mañá foi proposta polo propio centro educativo despois de descubrir nunha actividade nas aulas os símbolos bueueses. O alumnado tamén coñeceu o salón de plenos e trasladou diversas peticións. Ademais, foron agasallados cunha bandeira e un pin co escudo que poñerán no centro educativo.



Alumnado coa bandeira da vila na visita desta mañá ao Concello. Imaxe: Concello de Bueu.

Comentarios


bottom of page