Despedida do programa "Concilia Bueu" deste verán
Co final da tempada vacacional chegou tamén a clausura do programa "Concilia Bueu", no que participaron cen nenos e nenas durante xullo e agosto. A cativada gozou dun programa lúdico, cultural e deportivo que á vez permitiu favorecer a conciliación durante a tempada estival.

O programa do mes de xullo foi impartido pola empresa de lecer Risotadas, propoñendo obradoiros artísticos. En agosto tomou o relevo o Bueu Atlético Balonmán, con actividades que xiraron arredor do Camiño de Santiago e o Xacobeo.
No día de clausura do programa tamén participou a concelleira de Benestar Social e Igualdade, Ana Isabel Otero. "É un proxecto moi necesario que pretende axudar á conciliación das familias nestes tempos tan complexos", indicou. Como en anteriores edicións, o "Concilia Bueu" foi ofertado de xeito gratuíto polo Concello e unha das novidades deste ano foi a inclusión de monitores e monitoras especializados na atención a necesidades especiais.




Comentarios